Eva Solla fala sobre actualidade política no programa “Jugada crítica”, de TeleSur

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e voceira do Parlamento de Galicia, estivo a semana pasada en Venezuela para participar no Programa de Acompañamento Internacional Electoral nas Eleccións Rexionais que se celebraron o domingo 15 de outubro e nas que o Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) e os seus aliados obtiveron unha clara vitoria, facéndose co goberno de 18 dos 23 estados.

Aproveitando a súa viaxe, Eva Solla participou no programa “Jugada crítica”, de TeleSur, onde tivo a oportunidade de falar do proceso que está a vivir Catalunya.

Ver o programa dende aquí

Relacionados