Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, estivo esta mañá de sábado no espazo “Galicia por Diante Fin de Semana”, de Radio Galega, onde estivo falando sobre temas de actualidade política.
“Os partidos e confluencias comezamos a traballar para a mellora de En Marea de maneira positiva. A xente quere que traballemos de maneira conxunta para dar resposta aos problemas da cidadanía”, dixo Solla, quen recalcou que “o grupo no congreso está a facer un traballo que foi decisivo á hora de condicionar a negociación do SMI, ademais de defender unha #AxendaGalega clave para o país”.