Eva Solla imparte en Cambre unha charla sobre o feminismo para avanzar

Fai uns días estivemos na sede de Esquerda Unida de Cambre, a falar coa deputada de En Marea, Eva Solla, e a coordinadora de EU Cambre, Loreto Taibo Rama, de que se entende hoxe en día por “feminismo”.
“A protagonista da loita feminista é a muller, iso é o feminismo. E hai moito que facer en todos os eidos, como o laboral ou sanitario, por exemplo”, sinalou Eva Solla. “As mulleres cobramos un 23% menos, e isto tamén repercute nas nosas pensións, que son un 34% máis baixas”, criticou a deputada no coloquio.

Ver a charla na canle de Youtube de Esquerda Unida.

Relacionados