Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de defender no Pleno unha proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a dotar ao Sergas con recursos económicos suficientes para poder negociar un Plan de Estabilidade do Emprego do persoal sanitario que cumpra coas ratios axeitadas e permita convocar ofertas públicas de emprego coa fin de rematar co abuso na contratación temporal e a sobrecarga de traballo.
“Para o PP semella que non hai profesionais ou que desapareceron por orixe divina”, dixo Solla, que lembrou que “un dos maiores exemplos de precariedade, exercida dende a Administración Pública, é a do Servizo Galego de Saúde, con récord de temporalidade e sobrecarga de traballo para o persoal que presta servizos no mesmo. A eliminación de postos de traballo mediante amortizacións dos mesmos e a escasa planificación nas Ofertas Públicas de Emprego provocou unha perda de profesionais que afecta ao funcionamento do propio sistema e dificulta a ordenación dos servizos”, explicou Solla.
Ademais, “esta situación que afecta directamente á calidade asistencial que se presta nun servizo tan delicado como é o da saúde”, vulnera tamén os dereitos laborais das traballadoras e traballadores, tanto en material de abuso na temporalidade, tempos de descanso ou dereitos retributivos. Solla tachou isto de “situación intolerable provocada por unha mala xestión e unha política de recortes e deterioro dos servizos públicos, que no que se refire á material laboral xa recibiu varios toques de atención por parte de Europa, a Seguridade Social ou o Tribunal de Xustiza de Galicia”.
Ver a súa intervención íntegra dende: