Eva Solla: “Mentres a Xunta recortaba na sanidade pública, a privada recibía máis de 300 millóns de euros públicos”

Na pasada sesión plenaria, Eva Solla defendeu unha proposta de En Marea que recollía as demandas sindicais para solicitar á Xunta que se sentara a negociar coas e cos representantes sindicais a devolución dos dereitos retributivos e laborais do persoal do SERGAS, a prol da recuperación dos seus dereitos.

Eva Solla denunciou que “mentres a Xunta recortaba na sanidade pública, a sanidade privada recibía mais de 300 millóns de euros públicos”, como sempre, “cando hai que arrimar o ombro, o fan os traballadores e traballadores públicos, non os altos cargos, que se seguen a subir o salario”.

O PP votou en contra dunha proposta de mínimos que esixía dita negociación.

Relacionados