Eva Solla, no Cumio dos Pobos

A cita realizarase paralelamente ao II Cumio da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) e a Unión Europea (UE) que tamén se está a levar a cabo na capital belga.

Para Esquerda Unida, este encontro representa todo un avance nas relacións sociais, culturais e económicas en favor dun desenvolvemento sustentable que antepón o interese xeral por encima das pretensións de negocio das multinacionais. Ademais, debe permitir un verdadeiro diálogo centrado na construción dun proxecto de cooperación en favor do desenvolvemento.

Este encontro ten como obxectivo ofrecer respostas ás necesidades políticas que están a xurdir en Europa e a través de distintas mesas de traballo. Nestas, delegados latinoamericanos e europeos tratarán temáticas como a preservación da paz e a solidariedade fronte ao intervencionismo norteamericano; a preservación da terra e a especie humana e os efectos dos Tratados de libre comercio.

Por último, neste Cumio tamén se debaterá acerca da importancia da integración dos pobos de América Latina e o Caribe, o respecto aos dereitos humanos na rexión latinocaribeña, a protección social e o poder global dos medios de comunicación como ferramenta de propaganda de gobernos de neoliberais.

Relacionados