Eva Solla: “O Goberno privatiza por 98 millóns de euros os servizos sanitarios na Coruña”

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de esixir explicacións no Parlamento sobre a privatización encuberta que a Xunta de Galicia acaba de aprobar para a área sanitaria da Coruña. A operación, por 97 millóns de euros, implicará a mobilidade forzosa de profesionais do sistema público de saúde a centros privados. A deputada de En Marea tamén destacou a problemática carencia de profesionais de enfermería especializados que se extende ao conxunto da comunidade autónoma; e que, en especialidades como a obstetricia, se sitúa moi por debaixo das ratios recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

Por que non se incrementan as prazas de Atención Primaria?, Por que non explica nada sobre os profesionais do CHUS, que seguen a denunciar a situación das Urxencias?“, pregunta Eva Solla na comparecencia do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, onde lamenta a grave deficiencia de persoal da sanidade galega a causa das políticas de recorte e ataque ao sistema público impostas polo PP.

“Temos un problema real e moi grave”. Con esas palabras referíase Eva Solla ás deficientes cifras de profesionais de enfermería especializados. Unha carencia que merma a calidade asistencial que reciben os usuarios do sistema público de saúde. E que, tal e como apuntou a deputada, resulta alarmante en áreas como a pediatría, a saúde mental ou a xeriátrica (de especial relevancia, debido ao avellentamento da poboación galega).

Solla lembrou que existen unicamente 8 matronas para toda a provincia de Ourense. E que, en Santiago de Compostela ou na Coruña, tres profesionais deben atender un total de 2.500 partos anuais. “Isto non é normal; e é incompatible co plan de sáude da muller”, indicou a deputada durante a súa comparecencia.

A vicepresidenta do Parlamento galego tamén chamou a atención sobre as “intolerables deficiencias” das infraestruturas sanitarias e avogou por incrementar o orzamento destinado á atención primaria; así como a recuperación das súas xerencias.

Ver o vídeo dende aquí

Relacionados