Eva Solla debate sobre actualidade en “Aquí en la onda”, con Ánxeles Sanluís

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de participar no programa “Aquí en la Onda“, de Onda Cero, para falar sobre temas de actualidade política.

Eva Solla, entrevistada por Ánxeles Sanluís, falou sobre a situación das candidaturas para as vindeiras municipais, as enquisas, os orzamentos do Estado ou a masiva mobilización en prol da sanidade pública que vivimos en Compostela.

“Dende Esquerda Unida apostamos polas confluencias, por dar continuidade ás mareas municipais, ese é o camiño que estamos a traballar”, di Eva Solla que lembra que “a situación da sanidade non é opinable: retrasos nas citas, nenas e nenos sen pediatras… estas circunstancias fan que as persoas saian ás rúas. […] A sanidade afecta á cidadanía e o descontento estará reflectido nas urnas”, dixo.

Xa podes escoitar a entrevista completa dende aquí

Relacionados