Eva Solla participa na reunión convocada pola Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida, acudirá hoxe luns ás 17.00 horas á reunión convocada pola Xunta de Persoal da Area Sanitaria de Vigo e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública, SOS Sanidade Pública, para procurar acordos sobre como enfrontar conxuntamente a crise do Novo Hospital.

É fundamental articular unha gran alianza social contra a privatización da sanidade pública de Vigo, que pasa por analizar conxuntamente a situación creada por Núñez Feijoo e aprobar medidas para freala e solucionala.

Dende Esquerda Unida recordamos que as políticas de recortes deixan situacións moi difíciles para as persoas que agardan por unha intervención e mostran o máis forte desprezo aos pacientes afectados que financian cos seus impostos un sistema sanitario público, non un negocio para os amigos do PP a costa da saúde da cidadanía.

Relacionados