Eva Solla pregunta ao Goberno sobre os problemas derivados do traslado das emerxencias do 112 á Estrada

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, pediulle explicacións ao Goberno no Pleno sobre o traslado do persoal de emerxencias do 112 á Estrada, o que pon en “serio risco” a atención das emerxencias en Galicia. Neste senso, Solla cualificou de “irresponsable” este traslado e denunciou que as/os traballadores non recibiron a formación necesaria para usar a nova plataforma tecnolóxica, que a día de hoxe non funciona correctamente.

“Hoxe, o sistema opertivo estivo parado e as/os traballadores recollían as emerxencias con papel e lápiz. Sr. Rueda, que van facer ante iso?”, preguntou a deputada. A Xunta de Galicia non mantén, dende fai meses, ningún tipo de comunicación coas traballadoras e traballadores, negándose a negociar cuestións tan básicas como as relativas ao seu traballo e á subida de salarios que o persoal reclama. Ademais, a este conflito laboral súmase o “empeoramento das condicións nas que estase a prestar atención ás persoas usuarias das emerxencias do noso país”. Con este traslado da sede á Estrada, incrementarase os tempos de resposta ante unha emerxencia eventual que precise de máis de persoal.

Relacionados