🎥 A deputada de En Marea, Eva Solla, pregunta na Comisión de Sanidade sobre o colapso do sistema sanitario deste verán

A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de participar na primeira Comisión de Sanidade deste novo período de sesións. Este mércores defendeu unha Proposición Non de Lei na que esixía á Xunta máis información sobre os datos dos servizos sanitarios pechados no verán.

“A Xunta se permite dicir que todo está ben e non ofrece información sobre o que acontece coa sanidade (peche de camas, non cobertura de profesionais…) nun verán no que volveu colapsar o sistema sanitario, provocando a morte dunha persoa no PAC da Estrada”, sinala.

Respecto a este recortes de servizos, “este foi o peor ano en canto a protestas e recortes en atención primaria. A falta de pediatras é estrutural, e a Xunta non toma medidas”, engade. “A Xunta debe explicar por que decidiu pechar camas, sen embargo, non aporta ningún estudo no que se vexa esa necesidade. Entendemos que, mentres existan listas de agarda, non deberían levarse a cabo esas accións”, remata a deputada.

Ver o vídeo en:

Relacionados