🎥 Eva Solla reclama máis persoal e medios para os PACs galegos e denuncia o deterioro constante da sanidade pública

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de lembrar nesta sesión de pleno a situación de progresivo deterioro que está a sufrir a nosa sanidade pública polas políticas neoliberais do PP. Precisamente por iso, presentou unha moción solicitando a aprobación das medidas básicas reclamadas polo persoal dos PACs en folga.

Na súa intervención, Eva Solla preguntoulle ao Goberno galego “canto vale a vida dunha persoa para a Xunta de Galicia que despois do fatídico día na Estrada en verán sigan sen facer absolutamente nada para acabar con este problema tan grave como é a falla de persoal nos PACs galegos”.

A deputada de En Marea lamentou tamén o xeito de proceder da Xunta de Galicia que, en lugar de falar co persoal e escoitar as súas propostas, o goberno galego opta por non cumprir a Lei nin en materia de descanso do persoal pero tampouco no dereito á folga. “Someten ao persoal a extenuación física e mental. Non hai dereito nin para os profesionais e usuarias. Aceptase o escravismo na sanidade pública”, sinalou.

A deputada de En Marea rematou a súa intervención subliñando que “os recortes derivan nun empeoramento de todos o sistema sanitario público”, polo que reclamou un plan de atención primaria, “así como dotar aos PACs de equipos completos e persoal suficiente e elaborar un plan de continxencias que permita manter persoal dispoñible en todo momento para poder cubrir as ausencias”.

Ver o vídeo dende:

Relacionados