A coordinadora naciona de Esquerda Unida, Eva Solla, vén de participar no programa ‘Bos Días’ da TVG, no que sinalou que “é hora de poñer por diante os elementos que nos unen para traballar nunha alternativa de goberno. Iso ten que facerse desde o respecto á integridade das diferentes organizacións políticas”.
“Dende Esquerda Unida facemos un chamamento a Anova e a Podemos Galicia para traballar conxuntamente nunha proposta política de esquerdas seria que sexa a alternativa á dereita no noso país”, incidiu.
“A situación política e social esixe de nós unha responsabilidade moi grande”, dixo Eva Solla, “despois de dez anos de crise, Galicia ten medio millón de persoas no limiar de pobreza, 1 de cada 4 nenos e nenas. As organizacións politicas de esquerdas temos que estar á altura”.
Na entrevista, Solla reivindicou que “necesitamos que a AP-9 sexa integramente pública integramente no noso país”.
Ver toda a entrevista en: http://bit.ly/2E6AXFV