Eva Solla: “Ten a Xunta previsto facer algo para reducir a saturación nas urxencias?”

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla interpela ao Conselleiro de Sanidade sobre a situación das urxencias hospitalarias, o estado da Atención Primaria, os PAC e a situación do persoal en xeral, tan maltratado polas políticas do PP. De novo, Solla instou á Xunta de Galicia a dotar as urxencias do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) dos medios materiais e humanos necesarios demandados polo persoal do centro.

“A situación que viven as auxiliares de enfermería en Vigo é terrible e vós sodes os responsables”, sinala Solla. Na tribuna do Parlamento de Galicia estaban convidadas as traballadoras do hospital Álvaro Cunqueiro. “A situación das urxencias é un problema crónico, ten a Xunta previsto algo para reducir a saturación nas urxencias? E para reducir as listas de espera?”, preguntou Solla.

A falla de medios tanto de persoal como material están a provocar situacións de moita tensión entre o persoal que ve como ante a desidia da dirección do hospital empeora a calidade asistencial repercutindo nos doentes e tamén nos traballadores e traballadoras. “As condicións laborais que teñen que soportar son totalmente inadmisibles”, como afirmou a deputada de En Marea cun ratio de pacientes moi superior ao que poden levar e pese a iso o CHUS ten as ratios de persoal máis baixas que outros centros que se podan comparar con el como CHUAC ou CHUVI xa de por si bastante saturadas.

Ver o vídeo completo dende aquí

 

Relacionados