Eva Solla: “Val Miñor ten dereito a ter un parque de bombeiros 100% público”

A deputada de En Marea, Eva Solla vén de levar ao Parlamento de Galicia unha iniciativa que pide a creación dun parque de bombeiros de xestión integramente pública para Val Miñor, que vén avalada por milleiros de veciñas e veciños. Segundo defendeu Solla, “o parque debe ser 100% público”, á vez que denunciou a “privatización, descoordinación e atomización” do servizo de prevención e extinción de incendios.

En concreto, En Marea levou á Cámara unha iniciativa popular que foi impulsada por diferentes entidades sociais e conta co aval de 3.410 persoas. Así mesmo, a deputada explicou que os labores de extinción son levadas a cabo na comarca polo grupo de emerxencias supramunicipal (GES), que “só inclúe a doce persoas”. Segundo explicou Solla, o Val Miñor –que ocupa unha área de 145,2 quilómetros que inclúen os municipios de Nigrán, Baiona e Gondomar– sufriu a vaga de incendios de outubro e “ten unha infradotación dos servizos de emerxencia”.

Ademais, a deputada de En Marea solicitou a adopción dun estatuto de bombeiros a nivel autonómico e lembrou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a vaga de incendios de outubro, anunciou “que se iniciaría a comarcalización” desta prestación.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados