Excepción xurídica d@s pres@s

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) denuncia o réxime de excepcionalidade xurídica á que se atopan sometidos as presas e presos independentistas galegos e a ausencia de respecto ás súas garantías constitucionais. Dispersión, encarceramento durante máis dun ano sen xuízo, condenas mediáticas, peticións de penas desorbitadas ou o estrago de calquera presunción de inocencia puntúan as súas detencións. Catro destes presos –Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues, Maria Ossório e Antom Santos- será xulgados a vindeira semana pola Audiencia Nacional. Alternativa Galega de Esquerda amosa a súa preocupación polo trato que están a recibir os detidos e detidas e pola imputación dun presunto delito de “pertenza a organización terrorista”, a todas luces desmedido e que só parece obedecer á intención de facer medrar intencionadamente as posíbeis penas de cárcere.

 

AGE apoia, ademais, o Manifesto Cidadám de Solidariedade com os independentistas julgados en Madrid.

Relacionados