Esquerda Unida dá por infructuosos os esforzos da organización por facer entender á candidata nº 2 de Ourense pola coalición AGE que as decisións sobre cargos públicos “son exclusiva competencia da organización e non das persoas que ostentan ou poden ostentar os mesmos”.
Esquerda Unida deu traslado este xoves 14 de novembro, a través dun burofax, a Carmen Iglesias do requerimento a dar cumprimento aos acordos dos órganos competentes de EU e ao non obter resposta inicia o trámite disciplinario recollido nos seus estatutos.
A executiva nacional, mandatada polo Consello Político Nacional dá inicio ao trámite de apertura de expediente sancionador dacordo co capítulo II artigo 148 dos estatutos aprobados na XI Asemblea de EU.





