Exito da Folga Xeral

O Consello comarcal  de  Esquerda Unida quere facer público o seu máis sentido agradecemento ao conxunto da clase traballadora de Ferrolterra, que vén de protagonizar un rotundo éxito mediante a protesta pacífica e democrática da FOLGA XERAL.

 

A conxunción dos esforzos de concienciación social deron un froito sobresaínte e levaron ao pequeno comercio a manter unha actitude exemplar en solidariedade cunha mobilización que hoxe deixa deslexitimado o golpe de Estado laboral do PP. A  cidadanía traballadora vén de deslexitimar radicalmente o golpe de Estado laboral do PP.

 

Os datos ofrecidos polos diversos sectores produtivos confirman o peche da industria, da construción  e do transporte así como unha redución do consumo eléctrico – verdadeira sinal – de máis dun 25%, malia as trampas do PP acendendo sen necesidade o alumeado para subir o consumo eléctrico.

 

Correspóndelle ao Goberno de Rajoy decidir  que quer facer agora: ou escoitar ás voces multitudinarias e plurais das rúas de Ferrolterra, do país e do conxunto do Estado,  ou teimar en seguir obedientes os ditados antisociais, egoístas e inútiles para saír da crise que lle marca  a patronal e o capitalismo internacional.

 

Esquerda Unida vai continuar o seu traballo no eido social e no trámite parlamentar para defender os intereses xerais, que non son outrso que os intereses da maioría social traballadora deste país, que onte berrou nas rúas NON AO GOLPE DE ESTADO LABORAL DO PP e un si aos dereitos do mundo do traballo.

 

En só tres meses o PP acusa un alarmante desgaste político e social, logo de perder preto de medio millóns de votos en Andalucía, perder as eleccións na comunidade e sufrir un durísimo varapalo social co seguimento multitudinario da FOLGA XERAL e das protestas cidadás.

 

Semella tempo de profundar na unidade de acción sindical e social para derrotar as políticas que o PP lanza aínda sen descanso logo das eleccións xerais de 2011.

Relacionados