Exitosa Convención Provicial

 

Hoxe desenvolveuse a convención provincial de Esquerda Unida na Coruña nun ateigado Circo de Artesáns. A masiva participación desbordou ás previsións da organización polo que houbo que incorporar máis cadeiras das habituais quedando incluso persoas de pe.

 

 

Enorme éxito na convención provincial de Esquerda Unida na Coruña onde máis de 30 organizacións participaron na procura de acadar unha fronte ampla de esquerdas que represente a maioría social deste país.

Sindicatos, partidos políticos, organizacións ecoloxistas, movementos sociais ou ONG participaron activamente nesta convención na que segundo o coordinador comarcal de EU Coruña, César Santiso, convidouse a case medio centenar de organizacións dás que máis dunha trintena atenderon a nosa chamada, subindo ao estrado os voceiros de 25 delas.

 

 

Santiso subliñou que “este acto público aberto e participativo sen precedentes na política coruñesa ven a amosar a nosa aposta decida por conxuntar á esquerda política e á esquerda social para aunar sinerxías que permitan facer fronte ao pensamento único que está a eliminar os dereitos das familias traballadoras”,

“Seguimos ca nosa aposta pola confección dunha fronte ampla de esquerdas que sexa quen de parar as agresións contra a maioría social das políticas neolibaris de PP e PSOE, algo que comezamos fai anos coa Refundación da esquerda, que proseguimos coas mesas de converxencia para despois desenvolver un programa electoral participativo para as pasadas eleccións xerais, algo ao que aspiramos facer tamén nas eleccións autonómicas galegas”.

Así pois, polas organizacións sindicais interviñeron os secretarios xerais da unión comarcal de CCOO e UGT, Demetrio Vázquez e José Carrillo, o responsábel de organización do Sindicato de Estudantes, Daniel Carcajoma e Antonio Abalo Deus como voceiro do Sindicato Ferroviario que é membro da confederación intersindical formada por organizacións sindicais que desenvolven un sindicalismo alternativo.

Tamén participaron organizacións políticas como o Partido Humanista con Rubén Imizcoz, a corrente marxista revolucionaria El Militante con Miguel Queipo, a Frente Popular Galega ou o Partido Comunista de Galicia mediante o seu secretario xeral, Carlos Portomeñe.

Por parte dos movementos sociais interviron: SOS Sanidade Pública, a través do seu voceiro Moncho Beras, Mundo sin guerras y sin violencia con Marisa Fernández Rodríguez, a Asociación Fuco Buxan e o Comité de Emerxencia da ría de Ferrol, Carlos Echevarría por a asociación nuevos republicanos 1905, a Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña con José Vázquez Conde, o Foro Galego da Inmigración mediante Rocío Rodríguez, a Plataforma en defensa da ría do Burgo co presidente dos mariscadores de a pe Manuel Baldomir, a Plataforma Galicia Mellor Sen Toruradas co seu voceiro Rubén Pérez, a asociación contra a violencia de xénero ve-la luz mediante a súa presidenta Gloria Vázquez, a hermandad obreira de acción católica, o integrante do 15M e activista social Iván Louzán ou Marius Kolff director da maior organización antitaurina do mundo CAS-Internacional.

A coordinadora nacional Yolanda Díaz encabeza a candidatura de Esquerda Unida – Os Verdes pola provincia da Coruña, acompañada polo coordinador comarcal de EU Compostela Xabier Ron, a coñecida avogada independente Mariluz Canal, e o coordinador local de Ferrol, Suso Basterrechea completan os primeiros postos con aspiracións reais de chegar ao Parlamento galego. Así xunto a voceira do grupo municipal de Ferrol que ocupa o primeiro posto, síguelle o último candidato á alcaldía de Compostela que quedou a escasos votos de entrar no Concello e a última candidata pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados.

A Convención aprobou unha resolución presentada pola Plataforma Ventorrillo Desmantelamento Penamoa, para que o espazo de Penamoa sexa inmediatamente rexenerado e reutilizado para lecer da cidadanía e  finalizar así co tráfico de drogas e as queimas incontroladas.

Relacionados