A executiva nacional de EU valorou hoxe como escandaloso o proceso de adxudicación da entidade resultante das antigas caixas galegas ao banco venezolano Banesco e como o peche dun tristre ciclo de erros na xestión do sistema financeiro galego. EU Considera que os pouco máis de 1000 millóns de euros apenas cubren os fondos públicos aportados.
Como xa anunciaria EU a suposta COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DAS CAIXAS do Parlamento Galego xa puxera en preaviso con extrema crudeza a magnitude do ROUBO das Caixas de Aforros de Galicia. Unha comisión manipulada dende o inicio e con limitacións en canto ao acceso e difusión democrática da información sobre os procesos de bancarización e fusión das dúas caixas galegas.
Para EU este capítulo final do proceso de bancarización empezara xa moito antes, a partir de mediados dos anos 90, canto os gorentosos depósitos bancarios de aforristas (case o 50% do total dos aforros galegos), empezaron a ser empregados en operacións especulativas no ladrillo e en produtos financeiros de duBIdosa transparencia como as participacións preferentes e subordinadas.
EU considera un auténtico erro de magnitude futura imprevisible non ter empregado a situación de titularidade do FROB de NOVAGALICIA Banco como Banco formalmente público para tecer unha folla de ruta que levara a convertirlo nun BANCO PÚBLICO REAL que recuperase as vellas ideas de banco de crédito local, agrogandeiro, industrial e mesmo de crédito oficial, figuras hoxe extintas dentro da venta de Argentaria ao BBVA.
EU loitará polo mantemento do emprego e o crédito produtivo en Galicia xa que gran parte dos aforros dos galegos e galegas está en mans desta entidade futura.