Exposición Foro pola Memoria

 

A inauguración desta exposición sobre a súa vida realizarase no Centro Cívico de Caranza, o vindeiro mércores 2 de maio, ás 20:00 horas do serán e abrirá o ciclo de actividades que ao longo do mes o Foro pola Memoria Republicana de Galicia desenvolverá sobre esta muller exemplar. A exposición  realízase en colaboración co Memorial Democràtic de Catalunya e permitirá estudar e divulgar as peripecias dunha existencia marcada pola loita contra o franquismo e o nazismo, pois non en van Mercedes Núñez sobreviviu ao campo nazi de Ravensbruck, logo de  ser detida en Betanzos e compartir no tempo da República a condición de secretaria do poeta Pablo Neruda.

 

O Foro é unha entidade que vén desenvolvenedo nestes anos unha secuencia de actividades en forma de charlas, publicación de libros e edición de documentais que tentan recuperar esa parte da memoria histórica que foinos amputada como sociedade e que supón que a meirande parte da nosa cidadanía ignore as historias de dignidade das persoas que loitaron contra a ditadura e para construír unha sociedade de iguais en liberdade, empregando a fórmula do mestre de historiadores Albert Soboul.

 

A inauguración da exposición acompañarase ao longo do mes de maio da presentación dun libro sobre ela, “Destinada ao crematorio”   e dunha charla sobre a súa vida que se desenvolverán neste mes de maio.

 

Na organización desta actividade de memoria histórica colabora o Partido Comunista de Galicia, na certidume da necesaria divulgación dunha historia de dignidade que ten, está a ter nas loitas cidadás de hoxendía e terá continuidade na nosa cidade segundo apuntou a secretaria de Muller do comité do Partido, Paula Meizoso.

 

Relacionados