Expropiación de vivendas

Esquerda Unida considera que os poderes públicos deben lexislar na procura de garantir a función social da vivenda, impulsando medidas que eviten os desafiuzamentos bancarios. Xa que logo, é necesario dar un xiro radical a forma de concibir a vivenda, en lugar da actual consideración de mera mercadoría que promoveron os distintos gobernos de PSOE e PP, debemos dotarnos dun sistema normativo que consagre a vivenda como dereito protexido tal e como establece a Constitución nos seus artigos 33 e 47, o artigo 25 da Declaración Universal de Dereitos Humanos, o artigo 11 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Neste sentido o propio Tribunal de Luxemburgo ten evidenciado, mediante sentencia, que España violou o dereito á vivenda.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que o Concello inste á Xunta a expropiar temporalmente as vivendas dos bancos que desafiúcen a persoas en risco de exclusión social. Co nesta iniciativa, que xa levaba AGE no seu programa electoral a instancias de EU, se exprime a capacidade competencial das comunicades autónomas para impedir desafiuzamentos, xa que o goberno central do PP non quere actuar a prol das persoas.

Nesta norma expropiará durante tres anos o uso das vivendas ás persoas xurídicas, é dicir bancos, filiais ou entidades de xestión, inmobiliarias, que estean en proceso de execución ou foran desafiuzadas aquelas persoas  que se atopen en risco de exclusión socia le non teñan alternativa habitacional. Asemade aplicaranse sancións de até 9000 € as persoas xurídicas que teñan vivendas baleiras, así como aplicar incentivos ao aluguer. Cabe subliñar

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “dende que empezou a crise os grandes poderes capitalistas tratan de convencer á cidadanía de que non hai alternativa. Izquierda Unida en Andalucía, co Decreto-Lei, ven a demostrar que outra política é posible, que con vontade si se pode. Este Decreto-Lei consagra a vivenda como dereito protexido, combatendo o seu concepto como mera mercadoría. Asemade recupera parte da xustiza social perdida pois fai pagar aos principais responsables da crise para dar solucións as familias traballadoras que sofren as consecuencias deste sistema capitalista salvaxe.

Relacionados