Expropiación ofimático

Esquerda Unida insta ao goberno local a declarar publicamente que non expropiará os terreos dos promotores do Parque Ofimático. Porque de facelo o PP sería cómplice dunha nova estafa, un auténtico roubo ao erario público, como a de Someso cos gobernos do PSOE de Paco Vázquez.

Fai vinte anos o Parque Ofimático foi un proxecto cuxo obxectivo era dotar á cidade das máis modernas tecnoloxías nas que as empresas locais puidesen residir e competir internacionalmente grazas á utilización das dotacións do parque. Os mesmos promotores inmobiliarios que fan agora esta petición, coa complicidade de Francisco Vázquez, home sempre compracente e disposto a servir aos especuladores, prostituíron o proxecto degradando o proxecto e converténdoo nun polígono residencial, e así nun máis dos seus pelotazos urbanísticos, sen importarlles o gran prexuízo que, a medio e longo prazo, causarían ao tecido produtivo local, o que non é de estrañar, xa que nunca se preocuparon doutra cousa que non sexa a depredación do chan urbanizable para o beneficio duns poucos, a costa de hipotecar o futuro económico de todas as familias que viven da industria e o comercio. Pero antes de comezar a construír os gobernos do PSOE liderados por Francisco Vázquez, xunto cos seus amigos promotores inmobiliarios estiveron entretidos durante varios anos noutra actividade que lles proporcionou grandes beneficios a consta da destrución do pequeno comercio local, así durante esa época xurdiron os Espazo Coruña, Dolce Vita e Marineda City, que nos deixaron un dobre problema: destruíron o tecido comercial local sendo eles mesmos deficitarios. Coa consecuencia de que agora temos un centro da cidade arrasado desde o punto de vista da actividade comercial, e uns centros comerciais que van pechando ou presentando suspensións de pago. Iso si, despois de que os promotores inmobiliarios acadasen pingues beneficios.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe máxima dilixencia no cobro das cotas de urbanización do Parque Ofimático para evitar os habituais impagos dos promotores. O goberno municipal non pode ceder diante dos intereses dos especuladores, que intentan restrinxir o desenvolvemento económico da cidade, bloqueando o desenvolvemento da urbanización do Ofimático a súa conveniencia e en prexuízo dos centos de traballadores que poderían estar traballando nas ditas obras.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”semella indignante que aqueles que amasaron millóns durante a época dourada do ladrillo e o formigón agora pretendan socializar as súas perdas”.

Relacionados