Éxito na II Asemblea barrio Birloque

 

Nun ateigado local social da AVV. Os Anxos desenvolveuse a II Asemblea de barrio do Birloque durante case tres horas debido a intensa participación dos veciños e veciñas do Birloque, 2ª Fase Do Viña, Someso, As Rañas, Martinete, Lonzas e Santo Cristovo Das Viñas.

Éxito de participación na asemblea de barrio do Birloque para explicar as iniciativas presentadas por Esquerda Unida no Pleno.

 

Abriu a Asemblea Ramón Mañana, presidente da AVV. Os Anxos que colaborou no desenvolvemento do acto, saudando ao numeroso público asistente, agradecendo ao grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a atención e esforzos que están a dedicar para axudar ao barrio, ao tempo que valorou moi positivamente a iniciativa “os veciños e veciñas temos que loitar xuntos para defender o noso barrio porque é onde pasamos máis tempo e todos queremos un lugar agradable onde vivir. O que está a facer Esquerda Unida non o fixo ninguén antes, queren que o pobo teña dereito a decidir e iso hónraos”.

 

Posteriormente tomou a palabra o voceiro de EU-V, César Santiso, para explicar o sentido das Asembleas de Barrio e os motivos que levaron a Esquerda Unida a desenvolver este tipo de actos. “Levamos anos pulando pola participación cidadá, conscientes da necesidade de fortalecer o tecido asociativo veciñal na procura de que os coruñeses e coruñesas adquiran maior capacidade de decisión sobre as políticas que inflúen directamente sobre as súas vidas. Dende que chegamos ao Concello tentamos incluír varias iniciativas relacionadas coa participación cidadá, mais o resto de grupos en María Pita mostraron un claro desdén, semella claro que non teñen ningún tipo de interese en que podades participar no día a día da política municipal, tal e como demostraron o Goberno bipartito e o actual do PP que nin tan sequera desenvolveron o regulamento de participación cidadá, regulamento que tan so creouse polo imperativo legal derivado da lei das grandes cidades, pero que se está a incumprir na Coruña. Asemade pretendemos que as Asembleas de Barrio sexan a antesala dos orzamentos participativos, onde os veciño se veciñas deciden democráticamente en que investir no seu barrio, porque quen mellor que a veciñanza para saber dos problema se necesidade do seu propio barrio onde vive. Non pensedes que esto é utopía ala onde gobernou Esquerda Unida os implantou, como por exemplo en Córdoba ou moito máis cerca, aquí, en Ferrol,  tede a absoluta certeza que cando gobernemos en María Pita se implantaran os orzamentos participativos inmediatamente”.

 

César Santiso indicou que “organizar asembleas de barrio e preparar as conseguintes iniciativas alí aprobadas supón un grande esforzo que queda recompensado cando observas que a veciñanza te considera útil e recibes os seus parabéns e apoio”.

 

Así, o voceiro de EU-V afirmou “cumprimos o que dicimos, comprometémonos a desenvolver unha segunda asemblea para explicar as iniciativas presentadas e o cumprimos. Agora, diante da petición unánime da veciñanza comprometémonos a desenvolver unha terceira”.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentou 15 iniciativas das cales 9 foron aceptadas emanadas da anterior Asemblea de Barrio desenvolvida no mes de febreiro e unha pregunta oral. Santiso pasou a explicar as distintas actuacións, que se achegaron aos veciños e veciñas en formato de díptico e informe:

 

  Unha pregunta oral formulada a modo xeral sobre as demandas emanadas da I Asemblea de Barrio do Birloque, coa intención de que o barrio tivese protagonismo no Pleno do Concello, a resposta do Goberno municipal foi esperanzadora, indicando explicitamente a súa intención de igualar todos os barrios da Coruña en canto a instalacións, dotacións e infraestruturas.

  Unha moción para instar a Xunta de Galicia a rehabilitar a torre da Praza Laxes de Orro, único edifico único edifico de protección pública que quedou pendente de rehabilitar na zona. Aquí o resultado foi decepciónante pois o Goberno do PP negouse a debater a dita moción. En todo caso o grupo municipal fixo as xestións pertinentes coa Xunta de Galicia quen se comprometeu a desenvolver a dita rehabilitación.

  14 preguntas escritas das cales nove iniciativas foron aceptadas, e cinco rexeitadas, das aceptadas unha xa se executou, existe c ompromiso en dúas e nas outras seis, aínda que existe vontade, están pendentes de estudo, informes ou orzamento suficiente.

 

O Goberno municipal comprometeuse a:

Demolición do edifico en ruínas coñecido como a casa de Fito, a devandita actuación xa foi executada.

Mellorar a iluminación na estrada de Lonzas, asemade trasladóusenos a aposta do Goberno municipal porque dita zona sexa de preferencia peonil unha vez rematen as obras do Ministerio de Fomento.

Tomar medidas para evitar a dobre fila na estrada que le leva o Centro Parroquial de San Cristovo dás Viñas, asemade informóusenos que a titularidade da estrada corresponde á Deputación Provincial da Coruña, polo que corresponde a esta a sinalización viaria mais non indican que vaian a facer as xestións oportunas para que o órgano provincial desenvolva a devandita actuación.

 

O Goberno local mostrouse favorábel máis están pendente de estudo, informes ou orzamento

Ampliación da estrada da Braña a Someso de 2,20 a 2,70 m. aínda que supeditan a dita actuación a un informe técnico.

Incorporar elementos de seguridade nos Terrapléns existentes, o Goberno local recoñece a perigrosidade destes terrapléns, aínda que incríbelmente consideran que non hai risco de caída, pero considera que se podería atender a demanda. En todo caso non hai un compromiso de data, polo que haberá que insistir neste tema pasado un tempo prudencial.

Actuacións para evitar o tapón que se produce na zona de Pablo Picasso con San José de Calasanz, a dita actuación está pendente dun estudo técnico, polo que haberá que insistir neste tema pasado un tempo prudencial.

Seguridade no parque infantil, aínda que o Goberno municipal afirma que o parque cumpre a normativa de seguridade, recoñecen a eiva e supeditan a actuación a un análise máis profundo.

Arranxar os defectos na beirarrúa da Avda. Glasgow, onde farán unha inspección porque alegan que no recibiron ningunha reclamación.

Resolver o déficit en parques infantís e zonas para maiores, aínda que dependerá do orzamento porque hai moitas demandas neste sentido.

 

O Goberno do PP negouse a:

  Reforzar a presenza policial

  Acondicionar o escampado do CIFP Someso

  Mellorar o transporte público colectivo

  Evitar o tráfico de vehículos de gran tonelaxe

  Desenvolver un estudo de mobilidade peonil

Relacionados