Esquerda Unida visita aos traballadores da factoría coruñesa de Santa Barbara que se atopan pechados na demanda dunha solución. Durante a visita os dirixentes de EU amosaron a súa solidariedade cos traballadores e pediron a Xunta unha actuación inmediata na procura de acadar solucións que eviten a desaparición desta fábrica emblemática da bisbarra coruñesa.
Juan Fajardo afirmou que a Xunta ten que acadar unha solución para a Fábrica de Armas en base a diversificación cara o sector eólico e aeronáutico pois as infraestruturas industriais que se pechan logo son irrecuperables.
Fajardo considera que a factoría coruñesa non so é viable, senón que debe actuar como polo de desenvolvemento da industria galega.
O voceiro de EU-V, César Santiso, que visitou en diversas ocasións aos traballadores pechados, instou aos grupos municipais a adoptar unha nova declaración institucional para esixir á Xunta que asuma a xestión da fábrica por ser unha infraestrutura fundamental da industria coruñesa.
Santiso salientou que “agora si que é necesario a máxima unión das forzas políticas coruñesas, para transmitirte a Xunta de Galicia que a Fábrica de Armas é vital para a nosa bisbarra.