Fábrica de Armas

Esquerda unida considera que Feijoo é o principal responsable da situación actual debido a súa pasividade que provocou unha grande perda de tempo en momentos críticos, o presidente foi incapaz de saír na defensa da importante infraestrutura industrial coruñesa, preferiu esconderse antes de apoiar publicamente os postos de traballo. Precisamente debido a devandita inacción a Xunta de Galicia tardou moito tempo en atender as demandas da corporación coruñesa, ate o punto que agora chegan as lamentación do tempo perdido, da parálise de Feijoo, pois agora atopámonos na triste situación de que apesares de ter un plan de viabilidade desenvolvido e de ter empresas interesadas no proxecto industrial a prema de tempo dificulta acadar unha solución positiva.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes realizará unha pregunta oral ao goberno local para coñecer a situación real da fábrica de armas en relación coa súa viabilidade, porque apesares do esforzo que está a desenvolver o Concello temémonos que Xunta e goberno central, están a deixar so ao goberno municipal na loita pola defensa dos postos de traballo e a actividade produtiva. Todos eles do PP, responsable inicial desta situación por privatizar a factoría, así no 2001 Aznar vendeuna a prezo de ganga por uns exiguos cinco millóns de euros, prestándolle gratuitamente os terreos polos que incluso non tributaba. Agora logo dunha década de obter pingues beneficios a consta do Ministerio de Defensa a quen facturaba practicamente toda a súa produción decide deslocalizar a súa produción e desmantelar todo o sector provocando a absoluta dependenza do exterior na Defensa do Estado. Mentres o goberno central con Rajoy a cabeza, desenténdese do problema.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “mentres o alcalde anuncia unha posible solución a través do IFFE, o presidente do ente indica que falta por definir que papel teñen e que lle pediron que fora o botar unha man, é dicir que o tempo pasa e todo sigue sen concretarse”.

Neste sentido César Santiso salientou “dende o primeiro momento tivemos unha actitude leal e de apoio ás xestións do goberno municipal, mais o tempo pasa e non recibimos información, coido que merecemos unha resposta real e contundente en sede plenaria”.

Relacionados