Fábrica de armas

Mais para que ese acordo sexa efectivo é necesario que a Xunta de Galicia debe tomar de urxencia as medidas oportunas para que o proxecto liderado pola Escola de Negocios para xestionar a factoría se converta nunha realidade, xa que logo, Esquerda Unida alerta de que existe o risco efectivo do peche da  Fábrica de Armas si a Xunta non actúa con responsabilidade, pois General Dynamics en calquera momento pode retirar todo o material e maquinaria existente na factoría coruñesa, xa que o día 4 venceu o prazo para a devolución por parte de General Dynamics dos terreos ao Ministerio de Defensa, polo que o acordo debería estar xa asinado.

O proxecto do grupo IFFE incluiría a cesión en réxime de arrendamento dos terreos da factoría, así como a maquinaría propiedade de General Dynamics que aínda se atopan no interior da factoría.. Cabe recordar que o grupo IFFE foi o único dos xestores industriais interesados na factoría que ten presentado un plan económico que conta co apoio do concello de A Coruña, un proxecto que semella contar apoio financeiro da Xunta que realizaría unha inversión que non se ten feito pública e que permitiría retomar a actividade inmediatamente, ademais de garantir a incorporación paulatina dos 64 traballadores despedidos, antes do 31 de xaneiro de 2014. Con todo a Xunta, segundo declaracións do seu Presidente, está analizando nestes intres a proposta que pasaría por diversificar a produción de mecanizados complexos, ata agora concentrados en defensa, a sectores como o aeronáutico e fomentar a súa internacionalización.

O Voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que: “unha vez mais solidarizámonos co cadro de persoal da fábrica de armas que están a loitar pola defensa dos seus postos de traballo”. Ante a falla de resposta por parte da Xunta de Galicia e do Ministerio de Defensa, os traballadores teñen iniciado, o día 21 de outubro, un peche indefinido que se ven sumar aos peches parciais que dende o pasado mes de xuño se viñeron realizando e durante os que efectuaron labores de mantemento da maquinaria.

AGE pregunta no parlamento pola situación na que se atopa actualmente o proxecto liderado polo grupo IFFE en todos os seus aspectos: económico, de emprego, intermediación co Ministerio de Defensa ou investimento, en concreto:

– En que situación se atopa actualmente o proxecto de IFFE?

– Trasladou a Xunta de Galicia ao Ministerio de Defensa o seu prace ao proxecto de IFFE?

– Está tendo en conta a Xunta de Galicia algún outro proxecto?

– A canto ascende a partida comprometida con IFFE?

Relacionados