Fábrica de armas

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “por moito que se mova o Sr. Negreira e moitas xuntanzas que faga non se resolverá o problema porque non ten capacidade para influír no goberno central e este nin ten vontade, nin moito menos valentía para rexeitar o chantaxe da multinacional americana”, valoramos o seu esforzo pero non deixan de ser brindes ao sol, porque Feijoo e Rajoy o deixaron so nesta loita. Este é o nivel de coherencia do PP nun sitio di unha cousa e noutro fai a contraria.

Esquerda Unida considera inaudito que Feijoo non levase o peche da fábrica de armas á xuntanza con Rajoy, situación que ven a demostrar que o presidente da xunta fai escapismo político, nunha clara demostración da covardía do PP que non lle treme a man coas familias traballadoras mais ponse de xeonllos diante dunha multinacional ianqui, demostrando a súa vil covardía diante do grande capital, pois a actuación de General Dynamics non é máis que unha represalia pola redución de pedidos e a cancelación do contrato de blindados por non cubrir as condicións técnicas.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes pide que o Estado recupere a Fábrica de Armas pois General Dynamics incumpriu o contrato asinado co goberno Aznar para a súa privatización e en base a que é de interese nacional debido a condición estratéxica subministradora de armamento ao Ministerio de Defensa. Non debemos esquecer que esta empresa obtivo grandes beneficios grazas á privatización de Santa Bárbara por parte do PP a prezo de ganga e en condicións tan especiais que quedou exenta do pagamento dalgúns tributos.

Esquerda Unida acredita que a Fábrica de Armas non so é viable, senón que diversificando a súa produción cara o eido do civíl, ten as capacidades necesarias para converterse no principal polo de desenvolvemento económico da bisbarra e incluso da Galiza. Xa que dispón de instalacións, equipamentos e, o máis importante, persoal altamente cualificado para abordar dúas liñas de negocio fundamentais: o sector aeronáutico e o sector da enerxía eólica onde Galiza é potencia mundial e ve a significar unha aposta de futuro e de cambio de modelo produtivo, toda vez que nos atopamos cunha crise enerxética en cernes por mor do teito do petróleo.

Relacionados