Fábrica de Tabacos

Esquerda Unida esixe a xunta que cumpra os seu compromiso e rehabilite o edifico da fábrica de tabacos. As insuficiencias e retrasos nun eido como o da administración de xustiza afectan a unha das claves do estado social e de dereito. En concreto o atraso na adxudicación do proxecto de rehabilitación do inmoble da fábrica de Tabacos supón un atranco certo para conquerir a necesaria eficiencia e eficacia dunha administración de xustiza que hoxendía sofre as carencias derivadas dos incumprimentos e atrancos que lle propina o propio goberno do PP.

Son reiteradas as novas que nos medios de comunicación poñen de manifesto a incuria que padece o inmoble da Fábrica de Tabacos na cidade da Coruña. Lonxe de cumprir os tempos marcados no Plan, o goberno galego incumpre constantemente as súas previsións públicas acerca da posta en marcha da obra. O inmoble xace nun estado de abandono e aínda non viu adxudicar o proxecto para a súa rehabilitación. Nin medida algunha que no entanto evite o seu expolio.

Os retrasos na execución da infraestrutura xudicial, incuria na protección dun inmoble histórico, e expolio do que resta no seu interior ante a deixación do goberno galego; desvalixamentos reiterados segundo cónstalle á policía municipal, que rexistrou varios avisos de roubos no interior e que xerou varios informes sobre esa situación.

A deputada e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, a través de AGE e a instancias do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha iniciativa no Parlamneto Galego para que a Xunta remedie o atraso que acumula o edifico xudicial da Coruña , concretamente o texto da proposición non de lei indica:

O Parlamento Galego insta á Xunta de Galicia a desenvolver as medidas de urxencia necesarias para remediar o inexcusable atraso que acumula a rehabilitación do inmoble da Fábrica de Tabacos para edificio xudicial de A Coruña, outrosí das transitorias que eviten no entanto ulteriores expolios no inmoble.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “Negreira agasallou cun inmoble patrimonio de todos os coruñeses á Xunta e esta non deixa de poñer escusas para por en funcionamento a nova sede xudicial”.

Relacionados