Fábrica de tabacos

Esquerda unida considera unha boa nova que a xunta saque a concurso a rehabilitación da fábrica de tabacos, aínda que o faga con meses de atraso. EU nunca compartiu a decisión do goberno municipal de cederlle indefinidamente a fábrica de tabacos, pois a nosa organización sempre defendeu unha cesión parcial deste edificio singular. Así, animou ao novo goberno local do PP a negociar a duración da cesión os anos que fosen necesarios para desbloquear o proxecto, pero nunca sucumbir a unha cesión indefinida que supón unha perda patrimonial para a cidade coruñesa, algo que moralmente non tiña dereito a desenvolver o goberno municipal, pois era un ben de todos os coruñeses e coruñesas.

Mais unha vez que tomouse a errática decisión, asinando o convenio polo cal A Coruña perde un edificio emblemático, urxe esixir máxima celeridade no desenvolvemento da rehabilitación e que a Xunta cumpra os seus compromisos.

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes resulta inconcibible a submisión do goberno municipal que incluso ten a desfachatez de agradecer publicamente que a Xunta decida aprobar algo que tiña comprometido facelo meses atrás. Mentres se acumulaban os meses de atraso, o goberno municipal miraba cara outro lado e permanecía mudo, temeroso e incapaz de levantar a voz para esixir a Xunta de Galicia que cumprise, en tempo e forma, co seu compromiso. Non hai máis que recordar o seu silencio cómplice diante dos orzamentos galegos do 2013 que evidenciaban os atrasos na rehabilitación da Fabrica de Tabacos, o que supoñía de facto un fraude á cidadanía coruñesa, pois o propio vicepresidente, Alfonso Rueda, anunciaba que estrearíamos sede xudicial no 2015, máis o investimento para o 2013 cun so millón de euros cando a reforma e traslado precisan 20 millóns evidenciaban o contrario. Así o reparto pluriaunual chega até o 2016, pero o sobrepasará pois se asignan dous millóns para “2016 e seguintes”. É dicir que non teremos sede xudicial até a lo menos o 2017.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “primeiro agasallan á Xunta cun edificio emblemático, logo saúdan a celeridade apesares de que se incumpriu o pactado, iniciando as obras cun ano de atraso, o seguinte será ceder o Pazo de María Pita como residencia de verán a Feijoo”.

Relacionados