Falecemento da percebeira en Oia

· As deficiencias do servizo de Rescate causadas pola privatización do mesmo evidencian unha vez máis que “a política de recortes do PP sigue a causar mortes” polo que exisen a recuperación da xestión pública do servizo.

· Denuncian que tanto a Conselleira como o Sr. Feijoo coñecían “perfectamente a situación e as deficiencias no servizo e non fixeron nada para resolvelas” o que evidencia a súa irresponsabilidade e os inhabilita para a xestión política no noso país.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012.- O Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de Lei relativa o rescate total para o sector público do contrato mixto de servizo e venda  do servizo aéreo de salvamento de Galicia, así como o inicio dunha comisión de investigación que depure as responsabilidades logo do accidente acontecido en Oia o 12 de Decembro.

O accidente acontecido en Oia o pasado 12 de decembro, do que resultou o falecemento dunha traballadora do mar do noso país, ben se puidera ter evitado, se a Xunta de Galicia, e a Conselleira responsable tivera feito caso as numerosas advertencias, que sobre a precariedade do servizo foron feitas nos últimos meses, por profesionais e traballadores do sector do mar do noso país.

Parece evidente a relación entre o terrible suceso, a redución de custes que levou a venda do servizo de salvamento aéreo de Galicia, sobre todo cando no seu momento a Conselleira anuncio este novo modelo de xestión, baixo a premisa da redución dos tempos de resposta ante accidentes no mar. Foi precisamente a demora no tempo de resposta ante unha accidente na costa, o que puido ter provocado a morte desta traballadora polo que o Grupo Parlamentario defende que se inicie un proceso de investigación e depuración de responsabilidades, en primeiro lugar para dar resposta e xustiza o entorno da traballadora falecida así como evitar futuras desastres no país.

“Xa vemos en que se teñen transformado os 2,7 millóns de euros de aforro que anunciaba a Conselleira” destacou o deputado de Alternativa Galega de Esquerda Juan Fajardo, polo que o Grupo Parlamentario considera imprescindible a recuperación da xestión absolutamente publica do servizo, xa que as explicacións deste días evidencia, que o problema lonxe de ser de forza maior, como se dixo nun  primeiro momento, moito ten que ver ca redución de custes da empresa concesionaria e non ter cubertas as vacantes. “Non serven as escusas de incapacidade de encontrar profesionais dispostos a traballar, xa que de existir esta negativa, terá moito que ver coa redución de custes e polo tanto de condicións laborais de traballadores dun sector tan sensible” aseguran desde o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda.

Exisen así mesmo, que se aclaren sinistros rexistrados no mes anterior e que tamén evidenciaron a deficiencia en tempos de resposta provocada pola falta dun modelo de tripulación presente tendo que estar simplemente localizada.

Desde o Grupo Parlamentario denuncian que os responsables da Xunta de Galicia coñecían perfectamente a situación e as deficiencias que estaba a rexistrar o servizo e non fixeron nada para resolver o tema o que evidencia unha irresponsabilidade política clara que inhabilita aos responsables para a xestión política no noso país.

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de Lei na que se pide abrir un proceso de investigación, co obxectivo de depurar as responsabilidades derivadas da deficiente xestión do servizo, durante o tráxico accidente do 12 de decembro, e remitir a este Parlamento as conclusións do mesmo; e habilitar os mecanismos oportunos para que se este tipo de sucesos non volva suceder.

 

 

Relacionados