Falecemento no Hospital de Vigo

O grupo parlamentario presentou unha Proposición non de lei na que se insta a Xunta a axilizar os servizos de urxencias realizando as contratacións de persoal que sexan precisas para evitar os actuais colapsos.

Santiago de Compostela, 6 marzo de 2013.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta e a Consellería de Sanidade que abra unha investigación para aclarar o falecemento dunha muller hoxe nas urxencias do Hospital Xeral de Vigo despois de esperar máis de tres horas no servizo ademais que se axilice este servizo realizando as contratacións de persoal ata rematar co colapso que se está a rexistrar.

O Servizo de urxencias do Hospital Xeral de Vigo sofre dende principios de marzo unha masificación de pacientes polo aumento de incidencias, entre outras, das enfermidades respiratorias. A situación alcanzou un índice insoportable dende o luns día 4 de marzo cando o tempo de espera para cama de hospitalización e probas diagnósticas alcanzou, nalgúns casos, demoras de ata dez horas. Hoxe faleceu unha muller no servizo de urxencias despois de esperar tres horas o que fai evidente a necesidade de abrir unha investigación ao respecto, pero non só iso, senón que a Xunta e a Consellería de Sanidade están na obriga de realizar as melloras no servizo para que os casos de colapsos e as súas consecuencias non se repitan.

Relacionados