Falecemento Pepe Cameselle

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez traslada o pésame dos homes e mulleres de ESQUERDA UNIDA á familia e compañeiros de Pepe, lembrando que foi Pepe no tempo de responsable do metal “o que nos convenceu a moitos de nós da necesidade de implicarse na loita sindical dende o sindicalismo de base, que é o dos centros de traballo”.

Para ESQUERDA UNIDA a figura de Pepe Cameselle vai indisolublemente unida ao desenvolvemento das liberdades democráticas na nosa cidade e a consecución de dereitos para unha clase obreira que enfrontabase a un franquismo disposto a non ceder dereitos laborais e democráticos

Pepe foi deses mozos que dende as mocedades das CCOO entenderon que os novos e novas tiñan que emprender un camiño de loita para democratizar non só a sociedade, senón a dos centros de traballo.

EU considera que Pepe Cameselle é un dos homes bos e xenerosos que a cidade terá que lembrar en xeracións futuras polo que pide que o pleno do concello aprobe na vindeira sesión un recoñecemento institucional á figura do compañeiro Pepe Cameselle.

 

Relacionados