Falta de apoio municipal

Esquerda Unida solidarízase cos veciños dos Rosales e Monte Alto diante da falta de apoio do goberno municipal. Os primeiros denuncian que o Concello lles marxina á hora de desenvolver actividades, así a súa AVV. Asegura que non recibiu apoio municipal para realizar a primeira edición da feira intercultural. Mentres que os segundos    asumirán os custes da celebración das festas do barrio ante a falta de apoio do Concello, segundo informou a AVV. Monte Alto-Atochas-Torre de Hércules.

Así, mentes o goberno municipal malgasta cartos nas festas da Coruña, obvia as pequenas necesidades dos barrios para desenvolver eventos e festas, vitais para recuperar a tradicional vida de barrio coruñesa e con ela o pequeno comercio de barrio que tanto está a sufrir a situación de crise e a implantación masiva de grandes superficies. Esta actuación centralista do PP vén a demostrar o seu nulo interese polos barrios onde residen das familias traballadoras, deixando ben as claras que pretende manter coruñeses de primeira e coruñeses de segunda.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o que está a acontecer en relación coas festas de barrio e outros eventos demostra a falta de interese do goberno do PP en materia de participación cidadá, a pesares que durante a campaña electoral ao alcalde enchíase a boca falando de diálogo cos veciños. Algo que xa quedou patente coa estrutura orgánica no Concello, onde en lugar de buscar unha participación cidadá aberta e democrática, o PP pretende tecer unha rede clientelista a través dos seus concelleiros de barrio. Por iso dende Esquerda Unida solicitamos que o Goberno local consensue unha estrutura de participación cidadá real na que a función dos concelleiros de barrio sexa apoiar os procesos democráticos na toma de decisión da veciñanza mediante as Asembleas de barrio.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “o PP está a castigar a aqueles barrios cuxa asociación de veciños non é da súa corda, o fixo co Castrillón, co Barrio das Flores e agora con Monte Alto e Os Rosales”.

Finalmente César Santiso, anuncio que nos próximos meses solicitará xuntanzas con ambas as dúas AAVV. para avaliar polo miúdo todos os problemas dos seus barrios.

 

Relacionados