Falta de control en contratas públicas

EU pide unha plataforma pública única de contratación con accesibilidade dende a web municipal para que os candidatos e candidatas a traballos nos servicios públicos privatizados señan públicos e por concurso de méritos. EU defenderá que en todas a cláusulas de contratación figure esta plataforma de contratación e que obrigue a contratar mediante concurso público e aberto.

Para EU esta práctica non cesou cando se privatizaron servizos municipais senón todo o contrario, as empresas privadas que se fixeron cos servizos públicos estableceron como “normal” estas actuacións, entendendo que a contratación en empresas privadas “é absolutamente libre e arbitraria”. Para EU que os sucesivos gobernos municipais tivesen capacidade de incidir nesta contratación privada pode amosar unha contraprestación por parte da administración pública.

EU entende que hai moita desconfianza por parte da cidadanía viguesa que esta contraprestación tradúzase en “deixar ao libre albedrío” as subcontratas privadas na xestión dos servizos públicos, prezos, tarifas, extensión do servizo, comenza agora un traballo de seguemento e explicación dos pasos que empresa e xerencia de urbanismo tomen se finalmente siguen adiante co proxecto.

Relacionados