participacin.gif - 23.63 Kb

Falta de participación cidadá

 

 

O goberno local, o Concello, ten que volver a ser un órgano próximo en estreita ligazón coas persoas, non desde o imperio da xerarquía, da imposición mediante o expediente da vía delegativa, que é o que existe hoxe en Santiago, senón desde o exercicio da decisión en co-igualdade democrática, da corresponsabilidade de construir a cidade que queremos todas as persoas. 

Unha vez máis, o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela denuncia que o actual equipo de goberno manifesta unha total desidia nesta materia, non só porque os mecanismos de participación cidadá do Concello son ineficaces, senón porque evitan informar aos veciños e veciñas das actuacións que levarán a cabo, como ocorreu nesta ocasión coa decisión sobre a distribución das zonas de aparcamento dentro das rúas  García Lorca, Praza García Lorca e Celso Emilio Ferreiro.

 Dende Esquerda Unida Compostela non entramos a valorar se as propostas realizadas pola A.VV. Barrio de Guadalupe A Ponderosa son mellores ou peores que a decisión xa tomada polo Concello, o que si queremos criticar é que, de novo, o equipo de goberno, non só non fixo o traballo debido, realizando asembleas e abrindo un prazo para que os veciños e veciñas fixeran as súas propostas, e acometendo a continuación o debate para chegar o maior consenso posible, senón que, ademais, no mínimo que se lle pode esixir a unha corporación municipal, non informou debidamente aos veciños e veciñas sobre aspectos que inciden na súa vida cotiá.

Relacionados