Feijóo minte, o alcalde cala

Non hai carga de traballo, non se sabe nada do dique flotante, seguen os despedimentos e desaparecen as pagas extras. Un panorama marcado pola mentira e o paro nun contexto de recesión económica, que pon en entredito o noso futuro.

Esfúmanse os quimiqueiros, desaparece a paga extra, nun mar de silencios e mentiras que van do alcalde a Feijóo respectivamente. As mentiras de Feijóo son os silencios do alcalde, as dúas facianas dunha política que condena á nosa cidadanía ao paro, á angustia social e ao peche do noso futuro, sen traballo e sen protección social.

Esquerda Unida sinala que as novas sobre os encargos de Pemex amosan agora a súa verdadeira función: ser cortinas de fume para gañar tempo, pero en modo algún proxectos en firme que xeren emprego nos estaleiros; namentras se adía sen data a resolución en firme do dique flotante, supoñemos que para anunciar outro bluff en campaña electoral. Agora xa se confirma que non haberá paga extra para a plantilla do estaleiro co que supón de golpe aos traballadores e traballadoras e o efecto depresor subseguinte na economía da nosa zona.

“Cala o alcalde, minte Feijóo e o pagamos toda a cidadanía traballadora”, así de triste e a situación e nós  estamos a traballar para producir  unha reacción social que bote en terra semellante miseria moral dos que gobernan.

No entanto, que fai o alcalde? Que di Feijóo?. Esquerda Unida reclama unha reacción deles baseada na dignidade de ser veraces e dicir de fronte o que hai.

Relacionados