Feijóo terá que comparecer

O grupo parlamentario do PP aceptou a petición dos tres grupos da oposición pese a rexeitala nun primeiro momento.

Santiago de Compostela, 4 abril de 2013.- O presidente da Xunta de Galicia,  Alberto Núñez Feijoo, comparecerá ante a Cámara do Parlamento galego para dar explicacións sobre a súa amizade co narcotraficante Marcial Dorado tal e como pedirán os grupos da oposición. O acordo alcanzado na Xunta de voceiros desta mañá sumouse no último momento o PP tras rexeitar esta petición nun primeiro momento alegando que “eran cuestións de xuventude, de lecer” tal e como explicou o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, ao remate do encontro. Ante este primeiro intento de obviar unha vez máis as peticións dos grupos da oposición, o portavoz de AGE criticou duramente a actitude do grupo parlamentar do PP que non só estaba a incumprir coa súa obriga de defender a dignidade da institución e de todos os galegos e galegas senón que seguía a facer de escudeiro de Feijoo.

O portavoz do grupo parlamentar do PP, Pedro Puy, xustificou a irrelevancia da comparecencia dicindo que os grupos da oposición rexistraran unha serie de preguntas ao presidente nas que xa se lle preguntaba pola súa relación con Marcial Dorado o que Beiras rebateu explicando que o feito de que estiveran rexistradas non implica que as foran incluír na orde do día senón que precisamente en previsión de que o PP rexeitara pedir a comparecencia do presidente, puidesen tratar o tema no pleno aínda que fose nas preguntas ao presidente. Finalmente, o PP sumouse a petición dos grupos da oposición pero a cambio de que se suprimisen as preguntas ao presidente.

Beiras sinalou que “o importante era que o presidente da Xunta compareza para explicar as súas andainas co narcotraficante Marcial Dorado nun momento no que colectivos como Érguete ou Nais contra a droga loitaba por acabar co narcotráfico que estaba a decimar a mocidade galega mentres Feijoo, que era xa alto cargo da Sanidade, maniña unha relación de amizade ou alterne cun coñecido narcotraficante”.

Relacionados