por distintas institucións, asociacións e organizacións incluído o propio Concello e Esquerda Unida. O grupo municipal pedirá ademais un posicionamiento contrario a unha opción que, co único motivo de aforrar diñeiro nun investimento necesario para a nosa cidade,vai significar un ataque case definitivo contra a nosa ría, un ben que todos debemos estar de acordo en preservar como se merece.
O coordinador local de Esquerda Unida, Suso Basterrechea, manifesta que o necesario enlace por ferrocarril do porto exterior, cuestión na que a citada organización realizou diversas xestións nas institucións nas que ten representación, non pode significar unha agresión terrible sobre unha ría, a nosa, que xa se atopa nun estado lamentable.
Suso Basterrechea sinala que Esquerda Unida sempre defendeu unha economía sostible, respetuosa co medio ambiente e que permita a convivencia de distintas actividades e fontes de riqueza. A ría, elemento fundamental na nosa comarca, vai ser novamente castigada co único propósito de aforrar nun investimento económico que esta cidade merece e que permitiría un enlace moito menos daniño para a contorna e o conxunto da cidadanía. A ría é a maior garantía para o futuro da nosa comunidade.
Por todo isto EU Ferrol apoiará e acudirá a calquera convocatoria realizada polo tecido asociativo da nosa cidade.