Ferrol. Dereito a vivenda

 

Por non terse combatido a especulación inmobiliaria nos atopamos máis gravemente afectados pola crise que outras sociedades europeas. O cambio de modelo económico e de desenvolvemento semella imperativo, porque o ladrillo asfixia o benestar e os  dereitos da cidadanía.

 

Sari Alabau reclama no acto público que a coalición de esquerdas fai hoxe  en Cedeira a elaboración dunha lei de vivenda que recoñeza o dereito subxectivo á vivenda e no entanto se prolongue esta  crise a coalición de esquerdas e ecoloxista formulará a suspensión e moratoria de execución de todos os procesos de desafiuzamento derivados de situacións de desemprego, artellándose un mecanismo que permitirá as familias continuar residindo na vivenda  mediante un pago que non exceda do 30% dos seus ingresos.

 

Xosé María Dobarro defende coa vehemencia que impón a xustiza e a necesidade a proposta de que o futuro Goberno do Estado se comprometa coa rehabilitación do barrio de Recimil cun plano de actuacións cuatrianual en cooperación coa Xunta de Galicia e o propio concello de Ferrol. Se fixo en Córdoba e se pode facer en Ferrol, sinalou o catedrático universitario. E o demanda a veciñanza de Recimil.

 

Outras das medidas salientables que se enunciaron ao calor do mitin son:

         a creación dun parque público de vivendas en alugueiro moderado a partires dos stocks de vivendas que detenta a banca e os promotores, adquiridas polas administracións a prezo de custo, mediante o emprego de cédulas hipotecarias e outros mecanismos financeiros.

         O fomento da autoconstrución de vivendas.

         A eliminación da cláusula “solo” nas hipotecas en vigor e nas futuras.

 

Son medidas as formuladas supra que son factibles e de xustiza nun Estado onde hai máis de catro millóns de vivendas baleiras, un 25% dos cales son de nova edificación, e onde os procesos de desafiuzamento afogaron  no día de hoxe a máis de 300.000 familias, sen que haxa visos de que cese este crime social. A vivenda será unha prioridade básica no quefacer do Grupo Parlamentar de EU -Os verdes no Congreso.

 

Mañá A candidatura de EU -Os Verdes realizará as seguintes actividades:

 

– 11:30  horas, reparto de dípticos da candidatura, encabezada por

Xosé María Dobarro e Paula Meizoso, no mercadiño do Inferniño.

 

– 17:00 horas,  paseo da candidatura con Xosé María Dobarro pola vila

de Pontedeume.

Relacionados