Ferrol xa é unha cidade libre de cortes de luz e gas #QueNonNosRoubenAVida

Ninguén que estea a pasar unha situación de vulnerabilidade en Ferrol terase que enfrontar a un corte de luz. É por iso que Ferrol sumouse ao convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as empresas de enerxía, nun pacto que suporá para o Concello o desembolso de 81.000 euros.

No ano 2016, de acordo aos datos que figuran nos Servizos Sociais do Concello, 388 familias foron solicitantes da axuda de emerxencia, o que implica un millar de persoas beneficiarias cun nivel de ingresos de media de 426 euros por unidade familiar.

Ler dende aquí

Ver en Ferrol 360 

Relacionados