Ferrol. Hai alternativa

Nas rúas dos barrios, na universidade ou nas portas das fábricas, a candidatura de Eu –Os Verdes atopou a dureza e a fondura do malestar social, xunto  a urxencia de artellar unha alternativa política, social e cultural honrada e coherente, quen de derrotar ás políticas neoliberais as aplique que nas aplique. Ánimo e confianza foron as notas definitorias desta última comparecencia pública diante dos medios da primeira e primeiro candidato de EU- Os Verdes nestas eleccións, Sari Alabau e Xosé María Dobarro.

Suso Basterreceha subliñou o carácter austero da campaña realizada por EU -Os Verdes, (sen valos, anuncios pagados nos grandes medios e televisións ou aproveitando os Pisuergas gubernamentais); campaña que lonxe da artillería mediática dos partidos do turno apostou pola cercanía coas persoas traballadoras, con formatos de actos en espazos que propician a cercanía, a conversa e o debate acerca das propostas programáticas que presentou a coalición de esquerdas e ecoloxista ao longo destas dúas  semanas. Actos públicos nas localidades, presentacións sectoriais do programa, e rúa, moita rúa como condicións para estar ao carón das persoas que non teñen traballo, ou o teñen precario, ou padecen a economía mergullada marcaron días de intenso traballo militante en palabras de Suso Basterrechea.

A coalición aproveitou a rolda de prensa para incidir na mensaxe de fin de campaña:un chamamento a decidir a todas e cada unha das persoas traballadoras de esquerda, a por en valor co seu sufraxio a vontade de rebelármonos contra a tiranía do capital e os recortes paracticados polos obedientes dos grandes partidos do turno: “fronte o secuestro da democracia pola oligarquía financeira e os recortes do PSOE e PP, hai  unha alternativa social e política de esquerdas, quen de garantir proteción social pública, emprego estable e a rexeneración democrática dun réxime esgotado e con serios problemas de lexitimidade”, afirmou o candidato ferrolán Xosé María Dobarro.

O responsable federal de Esquerda Unida en materia de refundación e converxencia social, Enrique Santiago, insistiu na realidade alternativa que xa encarnan as propostas e as persoas que conforman a coalición de esquerdas e ecoloxista. Valeuse para elo das 1.500 sindicalistas que onte rubricaron un apoio explícito a EU-Os Verdes como a ferramenta popular necesaria para opoñerse as políticas de recortes sociais e de liberdades, que viñeron da man do PP e do PSOE nestes dous últimos cunha dureza aterradora.

Relacionados