Ferrol Mobilización do naval

 

Esquerda Unida – Os Verdes chama de xeito público á cidadanía a participar de maneira activa na mobilización convocada para o domingo en defensa da carga de traballo no naval e na procura do conxunto de reivindicacións que semellan claves para o porvir económico e social das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

 

Xosé María Dobarro reclamou o compromiso das administracións públicas para garantir os investimentos públicos necesarios  para manter  e ampliar a capacidade produtiva do asteleiro, nomeadamente o dique flotante. O candidato afirmou que EU – Os Verdes será belixerante co seu fornecido  grupo parlamentar para acadar os investimentos públicos necesarios para Ferrolterra.

 

O PSOE de Felipe González e o PP de Aznar fixeron moito dano ao sector público, que polo contrario semella un elemento definidor do tecido económico de Ferrolterra. Nembargantes, Esquerda Unida estivo, está e vai estar na loita e compromiso co sector público, sexa nas súas empresas, equipamentos e infraestruturas como cos servizos públicos. O público e o social son elementos consubstanciais do noso programa.

 

O plan de emprego trienal  e o fornecemento da capacidade pública nos sectores estratéxicos da economía van na cabeceira do programa político e social de EU- Os Verdes. Todas as accións reivindicativas  destinadas a esixir un compromiso público de investimento son decisivas para a maioría social traballadora, sinala Xosé María Dobarro.

 

Doutra banda, Paula Meizoso desenvolveu unha ampla panoplia de argumentos a prol das políticas de igualdade que se insiren no programa de EU, no seu paseo matinal polo mercadiño do barrio de Caranza.

 

A candidata da coalición de esquerdas subliñou que a igualdade a construímos de cote as mulleres co noso quefacer  na vida social, producindo o empoderamento e o protagonismo. A saída a crise será pola esquerda e terá rostro feminino, nas verbas acesas da candidata de EU – Os Verdes.

 

Relacionados