Ferrol Plan dinamización da ría

 

Esquerda Unida demanda en particular ao Goberno Municipal que asuma un papel protagonista e reclame da Xunta de Galicia o mantemento do Plan de Dinamización da ría. Máis cando os pescadores e pescadoras amosan a súa disposición a chegar a un acordo que supoña cesións por ambas partes.

 

“O alcalde non pode escudarse na intransixencia da Xunta, que impón unha decisión para deixar sen futuro a un sector produtivo de futuro e que hoxe da de comer a máis de trescentas familias; ten que actuar e facilitar un acordo”, reclamou Xosé María Dobarro.

 

Noutra orde de cousas, a coalición de esquerdas e ecoloxista manifesta públicamente a súa felicitación á cidadanía polo seguimento masivo dunha protesta que marca ás claras unha axenda de actuacións cun marcado acento público e social para a nosa comarca. Estas accións fornecen no sentir cidadá a necesidade de desenvolver un programa electoral claramente situado na esquerda.

Relacionados