Ferrol. Porpostas para a mocidade

O programa desenvolvese cun carácter transversal para enfrontar de xeito integral as diversas necesidades dun colectivo chamado a gañar protagonismo no cambio social ao que nos avoca a crise. 

Paula Meizoso denuncia que “ somos os máis golpeados, temos que ser os máis rebeldes”. A candidata afirmou o compromiso prioritario da coalición da esquerda plural para co colectivo da xente xoven.

 

A taxa de desemprego entre a xente xoven acada o 43,6%, a maior de Europa, o que produce o colapso práctico dos dereitos económicos e sociais recollidos na Constitución e un crecente grao de desafección política. A carestía da vivenda nun país onde hai varios millóns de vivendas baleiras bloquea o desenvolvemento da súa independencia; a alta taxa de abandono escolar derivada das insuficiencias materiais e de plantilla froito do escaso gasto público en educación condicionan de maneira negativa o seu futuro; a realidade que viven as persoas novas os reclúe no fogar dos pais (máis de metade  dos xóvenes de menos de 34 anos) pola imposibilidade material de emanciparse; en resumo, as políticas neoliberais cargan o custo da crise de maneira especial na xente xoven, reducida a man de obra máis barata e como elemento central do “exército industrial de reserva”, isto é, como paradas e parados que tiran para abaixo das condicións de traballo.

 

EU – Os Verdes entende e así o leva no programa que é necesario artellar un conxunto de medidas transversais, que modifiquen todas as carencias que pesan sobre o porvir da xente nova. Algunhas das medidas máis salientables pensadas de xeito específico para afrontar a problemática nova son as seguintes:

        o impulso á creación de emprego no sector público, en particular en educación, dependencia e medio ambiente.

        O pulo ao contrato de relevo, creando un cupo de contratación de persoas novas  vencellado a esta modalidade contratual.

        Equiparación salarial para os contratos en prácticas e de formación respeito dos da súa categoría profesional.

        Creación dun paruqe público de vivenda en aluguer para xente moza, nos que o importe do aluguer non supere en ningún caso o 30% do total dos ingresos da persoa arrendataria.

        Adianto da idade legal de voto aos 16 anos, idade na que xa é legal traballar.

        Incremento gradual dos orzamentos en educación para acadar o 7% do PIB ao final da lexislatura.

 

Paula Meizoso salienta que estas medidas comportan non tanto o gasto público senón un investimento social formidable que logo revirte en forma de cotizacións e formación e dinamización económica  para o futuro para a nosa sociedade.

Relacionados