Ferrol. Proposta de cultura

A remunicipalización de EMAFESA será outra das cartas fortes de traballo para EU – Os Verdes no vindeiro mandato.

 

A planta de gas de Reganosa, situada no pantano da ilegalidade e xerado de inseguridade, constituirá outro dos focos de atención da coalición de esquerdas e ecoloxista, que fará valer o seu peso no futuro Congreso para soster o peche do actual emprazamento da planta.

 

Doutra banda, Suso Basterrechea e Xosé María Dobarro explicarán o sentir das propostas culturais da coalición, que ten un punto forte do seu apoio e proposta programática no eido da cultura.Así nestes días se publicitan diversas iniciativas de xentes e traballadores da cultura que se manifestan a prol da coalición de esquerdas e ecoloxista.

 

Superar a fenda dixital e democratizar a comunicación e a cultura constitúen eixos motores da proposta política que se presentará no Maltés.

 

A candidatura de Esquerda Unida – Os Verdes presenta mañán os seus programas de cultura e medio ambiente, ao abeiro do espazo de lecer e diálogo do café Maltés, a partires das 20:00 horas, cun formato pensado para resaltar a proximidade e animar as intervencións que desenvolvan, expliquen e debatan unha proposta programática alternativa.

 

No apartado de medio ambiente se contempla a creación dun ministerio quen de prestar coherencia, medidas e orzamento a unha prioridade da acción pública para conquerir un cambio de modelo produtivo e de hábitos de vida e consumo. Sari Alabau enfatizará a proposta de aluguer social e inxerido nela a sinatura dun convenio de colaboración entre as tres administracións, estatal, Xunta e concello para rehabilitar con fondos públicos Recimil. Hoxe máis que nunca o aluguer social e a vivenda protexida é o futuro para as máis das persoas que viven e traballan dun xornal. Tamén hai que cambiar no eido da vivenda as propostas e as mentalidades. Rehabilitar crea emprego e semella máis económico e sustentable que recuperar a recidiva da burbulla do ladrillo.

 

No eido do sistema enerxético, EU – Os Verdes programará o peche de todas as centrais nucleares e financiará cunha forte presenza do sector público nas enerxías renovables. Outra política de prezos, de carácter social é posible se hai participación do sector público e da iniciativa social no eido enerxético.

 

A transformación do modelo vixente de propiedade intelectual para evitar a realidade actual que fai que se lucren as grandes empresas de carácter multinacional, dificulta acceder o coñecemento producido e deixa nun terceiro plan ao creador. A situación actual da SGAE dá a razón a EU e a súa oposición a política de cánones.

 

A colaboración comunitaria e a libre circulación de obras e ideas fan que gañen autores e consumidores, e que perdan os intermediarios. Así.

 

– Derrogaráse a actual lei da propiedade intelectual para acabar coa recadación por entidades de xestión privadas ( SGAE ), creándose un ente de xestión pública sen ánimo de lucro.

– Que faga que as operadoras de telecomunicacións e industrias de tecnoloxías da información contribúan a remunerar aos creadores, superando o concepto inxusto e indiscriminado do canon dixital.

– Aapoio ao movemento do software libre, en particular en todas as administracións públicas.

– Acceso universal a internet, mediante a reforma da lei xeral de telecomunicacións de 2003.

 

O programa de EU -Os Verdes fai especial fincapé na elaboración e aprobación dunha lei xeral de comunicación audiovisual que garanta un reparto equilibrado de licenzas entre o servizo público, as inicitivas osiciais e os negocios privados das grandes corporacións. Cun recoñecemento expreso e salvagarda dos medios do terceiro sector, caso das radios libres e comunitarias, que contan cun magnífico exemplo na nosa cidade.

Relacionados