Ferrol. Seminrio análise económico

 

Contando coa presenza dalgún relevante economista, caso do profesor Xosé Luis Outes, que levou a cátedra de teoría económica na Universidade de Vigo. A xornada permitiu clarexar as propostas que forman o espiñazo político dun novo modelo financiero, vencellado ao sector público, quen de pular pola economía produtiva da pequena empresa, o mundo dos autónomos e o sector social da economía, economía regulamentada para evitar os produtos baleiros especulativos e cun novo gravame que fiscalize os movementos de capital, en particular os de natureza financeira non produtiva. Un dos documentos de traballo foi o estudo dos profesores Garzón Espinosa, Vicenç Navarro e Juan Torres para crear emprego e benestar social, “Hai alternativas.” O profesor Alberto Garzón xa participara nunha actividade pública de EU nas pasadas eleccións municipais.

 

No transcurso do encontró, Xosé María Dobarro avanzou unha proposta senlleira da coalición de esquerdas e ecoloxista: a creación dunha axencia pública para os investimentos en Galicia, que atenda dúas liñas de traballo, o de garantir o creto para a pequeña empresa e para as iniciativas de emprego e produtivas do sector social da economía, asemade de fornecer a presenza do sector público nos ámbitos estratéxicos da economía. Aquí o candidato afirmou que os estaleiros públicos da cidade terían un aliado clave nesta Axencia

 

para garantir investimentos que alimenten carga de traballo e produción de riqueza social.

 

Entre as outras medidas que presenta a candidatura de EU –Os Verdes se atopan as seguintes:

 

  A nacionalización das caixas de aforro onde se invistiu capital público para constituír unha nova banca pública.

  O estebelecemento dunha canle de cooperación coa banca social (coas cooperativas de creto, as caixas rurais, as sección de creto das cooperativas e maila banca cívica).

  A reforma da actual lexislación para garantir os dereitos dos impositorese clientes das institucións financeiras.

  Creación dunha taxa que grave as operación financeiras, en particular as que se realizan a curto prazo e son alleas a economía produtiva.

  O cumprimento no pago sobre beneficios reais no do imposto de sociedades, de maneira que non se permita as argucias para defraudar á facenda pública.

 

Trátase en suma de por o capital ao servizo das necesidades sociais e da economía produtiva do país. Superar a fase actual onde todo se subordina o mantemento de beneficios dunha banca alonxada das necesidades reais da sociedade que explota.

Relacionados