Encabezados por Mariluz Canal e coa presenza de Xosé María Dobarro e Sari Alabau desgranáronse as análises sobre as insuficiencias da actual lexislación sobre recuperación da memoria histórica e se avanzaron as posibles correcións da actual lexislación.
Xosé María Dobarro comprometeu o traballo do Grupo Pralamentar da coalición de esquerdas e ecoloxista para suprimir o actual rueiro do Arsenal, transformándoo de xeito que non reste mención a ningún militar sublevado. O catedrático da UDC tamén indicou que hai que rematar con presenzas infamantes nos espazos públicos da cidade, poñendo como exemplo o busto do militar sublevado e ministro da gobernación franquista, Camilo Alonso Vega, que ostentaba esa condición ministerial no tempo do asasinato de Julián Grimau.
Sari Alabau avanzou o compromiso político e social da coalición da esquerda plural para producir as modificacións necesarias na actual lei de xeito que se anulen os xuízos franquistas de carácter político, se reforme a lei para que as administarcións públicas procedan a exhumar os restos dos asesinados que restan nas gavias das estradas do país e se proceda a reformular o actual val dos caídos, para que reste como un esp azo público que recoñeza e divulgue a memoria dos loitadores antifranquistas, que foron os seus obrigados construtores.
Esquerda Unida – Os Verdes entende que a profundización democrática esixe que nos espazos públicos non pode restar simboloxía alguna vencellada ao réxime ditatorial. Neses ámbitos tense que pór en valor as persoas que loitaron a prol das liberdades democráticas e a xustiza social.
A recuperación da memoria histórica é na realidade a afirmación da xustiza histórica coas persoas e causas que soportaron a infamia do silezo e a denigración franquistas.
Por outra banda este domingo, 13 de novembro, desenvolveranse as seguintes actividades:
– Ás 12:00 horas,paseo e reparto de material informativo por Ferrol Vello, saindo do peirao de Curuxeiras.
– Reparto de material informativo nas inmediacións do campo de fútbol do Racing media hora antes do comezo do partido.