Festa do sotware libre

 

Semella tempo abondo para que a concellería encargada da Zona Rural teña un mapa detallado das áreas que adoecen deste servizo nas condicións axeitadas e poña os remedios materiais para solventar esta eiva.

 

A estensión e importancia da poboación que vive na zona rural autoriza, a xuízo da formación de esquerdas e ecoloxista, a elaborar un calendario de implantación dos elementos axeitados que proporcionen unha axeitada cobertura de rede nas parroquias do rural, de xeito que a veciñanza teña un acceso válido a arañeira.  Non semella razoable que día si e día non caía o servizo deixando sen unha ferramenta necesaria a poboación residente nas áreas de Brión, San Felipe ou zonas de A Graña.

 

Dende o Grupo Municipal de EU pídese ao Goberno un esforzo para igualar as condicións na prestación do servizo de xeito que a cidadanía do rural ferrolá non resta nunha segunda división no eido deste servizo. Hoxendía hai moitos domicilios de persoas que viven no rural que non teñen conexión a internet e o Goberno Municipal ten que ser un axente activo para procurar as condicións que permitan a contratación deste servizo.

 

Na procura de democratizar o acceso e xestión da arañeira, a Xuventude Comunista, coa colaboración de Esquerda Unida, organiza mañá venres no campus universitario a Festa Linux, como modalidade de lecer e informativa para democratizar o acceso e control á rede.

 

Será na Aulanet  do Campus de Esteiro, onde a Xuventude Comunista organiza a FESTA  de Instalación de Linux en Ferrol, a partires das 16:00 horas deste venres, 13 de abril, vésperas do aniversario da República, símbolo da democratización da cultura no nosos país. Software libre para o acceso ao fascinante mundo da rede e para que sexa o usuario/a a que controle o acceso non ao revés.

 

Co ordenador de cada un se procederá a instalar o ubuntu 11, asemade de informarse dos outros sistemas operativos libres, non propietarios.

Relacionados