Fieiteiras:Unha rúa municipal abandonada

 

Unha rúa sin beirarrúas a pesares dos intentos do GM de EU-IU de incluila dentro dos diferentes Plans E do goberno, a pesares de estar incluido unha partida para a  construcción das beirarrúas nos orzamentos do ano 2008 e que se deixou de executar, a pesares de ser unha rúa das máis transitadas por ser unha arteria fundamental de comunicación entre a Vila e a Pedreira, ben pois a pesares de todo esto o goberno municipal se empeña en que sexa unha rúa sin seguridade vial, unha rúa comida polas silvas, unha rúa coas gavias atascadas, en fin unha rúa propia dun  concello totalmente abandonado.

Polo tanto, demandamos unha actuación urxente para garantir a seguridade vial e a seguridade sanitaria dos/as vecinos/as da rúa Fieiteiras, e que polo tanto a súa localización volte a estar dentro do itinerario municipal. Cremos que tanto abandono non é posible.

Relacionados